CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    Para promover os encontros informais e non perder o contacto persoal, estivemos a celebrar os Ciberfaladoiros no Confinamento, quedadas no Ciber-bareto de ESF, cada xoves. Neles falamos sobre distintas series e películas. Por se non puideches estar, aquí deixamos algo do que falamos en cada unha (pode haber espoilers!! :D): a miniserie Chernóbyl, e as pelis O Que Arde e El Hoyo. Onte falamos sobre “El niño que domó el viento”, pronto teredes a crónica. E xa sabedes que que estades invitadísimas a unirvos (a semana que vén falaremos da película “Vivir dos veces”).

    O pasado 17 Abril, como cada ano, dende ESF reivindicamos e celebramos o Día Internacional das Loitas Labregas.No mundo que vén, serán loitas cada vez máis necesarias. Estes días participamos en bastantes manifestos sobre o tema, en particular de defensa da apertura de mercados labregos e que se facilite o desprazamento e acceso ás hortas para autoconsumo.

    O 22 de abril celebramos o #DíaDaTerra e preparamos uns sinxelos infogramas a partir dos elaborados polas compañeiras de ISF Asturias con consellos de consumo para coidala e coidarnos.

    Desta volta, ESF Radio Informativo Apocalipse Nau e a pesar dos problemas na redacción, conseguimos levar adiante unha interesantísima entrevista a Álvaro e Sergio, compañeiros da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras, onde nos falaron sobre as aplicacións de seguemento do contaxio de COVID 19 e a soberanía dixital en tempos de pandemia.

    Tivemos tamén un interesante encontro entre os membros do grupo Artigo9Tech, unha rede universitaria de profesorado e investigación en cooperación ao desenvolvemento impulsada, entre outras, por Enxeñería Sen Fronteiras, da que vos convidamos a coñecer máis aquí.


HONDURAS

    Nesta época do confinamiento en Honduras segue o traballo a distancia, tras solicitar á Agencia Española de Cooperación a posibilidade de continuar coas labouras dos programas en marcha financiados por AECID, e manter ao ralentí o programa de apoio á grupos de marisqueiras financiados pola Xunta de Galicia.

    Dende Enxeñería Sen Fronteiras estamos a plantexar cambios nas actividades previstas para orientalas a un novo e complicado contexto que se aveciña. As coordinacións entre actores están sendo fluidas. Ademais, no programa de 4 anos de soberanía alimentaria e xénero que estamos a impulsar con VSF Justicia Alimentaria Global e Amigos de la Tierra, no que estamos xa no 2º ano, tivemos tamén coordinación coas nosas socias hondureñas (Coddeffagolf, La Vía Campesina – Honduras, Anafae Asociación Nacional para el Fomento de la Agricultura Ecológica, Adepes Pespire, Mancomunidad Nasmar, AMDV Choluteca, CNTC Nacional Fian Honduras) para ir pensando como facer esa reorientación e ser así o máis útiles posible nas necesidades que veñen (e  adaptar as actividades ás normas de confinamento, por exemplo, as formacións máis multitudinarias mudalas por visitas máis familiares, centrándose maís en hortos familiares para paliar a previsible problemática alimentaria que se aveciña; o país, polas nefastas políticas agrarias, é deficiente en alimentos básicos, e é que o aceite de palma non se come…). Por se iso fora pouco, EEUU está xa poñendo o foco da investigación por narcotráfico en colaboradores moi cercanos do presidente Juan Orlando Hernández, e en el mesmo.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas



E NO PRÓXIMO MES …


A ESF-RASE DO MES

“Cando a educación non é liberadora, o sono do oprimido é converterse no opresor”. Paulo Freire

La entrada BOLETÍN OFICIAL ESFEIRO: MAIO 2020 aparece primero en ESF Galicia.