Boletín Oficial ESFeiro: novembro 2020

por Enxeñeria Sen Fronteiras

domingo 8 de noviembre de 2020

por Enxeñeria Sen Fronteiras

domingo 8 de noviembre de 2020

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    Durante o mes de outubro, seguimos organizando ciberfaladoiros, enfocados como encontros informais para manter espazos de reflexión e vínculos na base social. Na liña dos últimos ciberfaladoiros, de coñecer situacións de conflicto ambiental e/ou social en Galicia, da man de persoas de ESF que os están vivindo de primeira man, puidemos falar sobre impactos da minaría extractivista coa presidenta da Asociación de Afectadas polas Canteiras de Budiño, e tamén con dúas persoas que estiveron a vivir dende hai máis de 10 anos os problemas nos estaleiros de Ferrol, como industria sobre a que pivota a economía de Ferrol-terra. Xa se pode ver ademais a intervención que fixemos na Flisol (conferencia sobre software libre), falando de por que para unha organización como ESF o avance na soberanía dixital é parte imprescindible para a transformación cara unha sociedade máis xusta e solidaria. Continuamos ademais cos encontros do Grupo de Apoio Mútuo Dixital, ao que calquera se pode unir para saber máis sobre como reutilizar vellas computadoras usando software libre, neste contexto tan “en liña”.


HONDURAS

    En Honduras o traballo segue nos dous programas de traballo de ESF. No de Soberanía Alimentaria e Defensa do Territorio séguese traballando a mellora participativa de sementes, desta volta co sorgo. No eido pesquero e marisquero, sigue o problema da morte dos moluscos que se empezara a detectar a finais de 2019, o cal, unido á pandemia da COVID19, está provocando un escenario moi delicado no sur de Honduras para os grupos de mulleres marisqueiras coas que traballamos. Afortunadamente, a temporada de choivas foi boa e houbo boas colleitas, pero moita dificultade para a comercialización polas restriccións de mobilidade. Estase por outra banda iniciando a segunda fase da liña de traballo en xénero, na que, entre outras cousas, se traballará en experiencias piloto de etiquetado de xénero de orzamentos municipais
    O programa de defensa do Dereito á Auga segue á espera de acadar financiación. No entanto, segue habendo resultados tempo despois do remate da Fase 4 do programa, neste caso coa contratación de persoal técnico comunitario de promoción da auga, formado dentro do programa de AHJASA.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


E NO PRÓXIMO MES …

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais Facebook instagramTwitter difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo.


A ESF-RASE DO MES

O que o impide (unha revitalización do rural) non é só a incompetencia dos responsables, senón as súas políticas que camiñan deliberadamente no sentido da desertización rural dirixidas por determinados intereses empresariais que precisan un territorio desertificado, envellecido e sin perspectivas de futuro para facilitar a implantación dos seus negocios. Unha vez máis non é unha cuestión técnica, senón política.

Antón Sánchez

La entrada Boletín Oficial ESFeiro: novembro 2020 aparece primero en ESF Galicia.

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.