En Honduras, “Tejiendo justicia, tejemos igualdad”

por Enxeñeria Sen Fronteiras

jueves 19 de marzo de 2020

por Enxeñeria Sen Fronteiras

jueves 19 de marzo de 2020

Dentro do programa de soberanía alimentaria que temos en marcha hai xa 10 anos, liderada pola organización CODDEFFAGOLF, iniciamos en 2018-2019, co apoio de Cooperación Galega da Xunta de Galicia, unha rama do programa que incide especialmente no traballo por reducir a fenda de xénero nos 7 concellos da Mancomunidade NASMAR. Para iso apoiamos dúas grandes áreas de traballo:

  • Por un lado, traballo de fortalecemento das xa existentes Oficinas Municipales de la Mujer dos 7 concellos da NASMAR, para o cal contamos co respaldo da equipa técnica da NASMAR, e implicacións en diferente nivel das respectivas equipas de goberno municipal (non se recibe igual o traballo neste eido en todas as alcaldías, depende moito da sensibilización previa das persoas responsables do goberno local).
  • Por outro lado, traballo con grupos de mulleres productivas de base, incluíndo fondos rotatorios (microcréditos), formacións e apoio técnico e de materiais. Nesta área se encadra a campaña “Tejiendo justicia, tejemos igualdad”.

A campaña pretendou visibilizar o empoderamento das mulleres que se vai conseguindo co programa, xenerando material baseado en historias de vida, infografías e outro material divulgativo. Aquí podedes ver un vídeo onde distintas participantes nesta campaña contan a súa experiencia

A continuación material baseado en historias de vida de mulleres e homes participantes no programa, en distintos formatos (stickers, postais ou pósters)

Por último, tamén queremos compartirvos algunhas das infografías dos distintos temas que se tratan nas formacións e obradoiros (tamén dirixidas a homes)

La entrada En Honduras, “Tejiendo justicia, tejemos igualdad” aparece primero en ESF Galicia.

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.