Visita de Doris e Lucía, defensoras da terra contra a minaría depredadora

por Enxeñeria Sen Fronteiras

lunes 4 de noviembre de 2019

por Enxeñeria Sen Fronteiras

lunes 4 de noviembre de 2019

Lucía e Doris son dúas mulleres do sur de Honduras, do municipio de El Triunfo. Alí hai unha empresa que, coa connivencia dos poderes gubernamentais a nivel central (Tegucigalpa), queren poñer en marcha unha explotación mineira sen contar co apoio da poboación, nin da propia alcaldía municipal.

Trátase dunha zona de trópico seco, con economía de subsistencia, onde as mulleres non soen tomar parte moi activa da vida pública. No municipio constituiuse el Frente Triunfeño en Defensa de la Vida, moi activo contra esta empresa mineira, que protagonizou protestas (a unha das mulleres que vén a quixeron amedrentar con disparos aos pés como se ve aquí, aínda que non conseguiron amedrentala moito…) e mesmo impulsou un referendum para declarar o municipio de El Triunfo como libre de minaría.

Elas veñen a Galicia dentro dun proxecto que chamamos Coidadoras da Terra (polo cal outras 4 mulleres a maiores visitarán Galicia, dúas marisqueiras que xa viñeron e outras dúas que forman parte de xuntas veciñais de auga), que pretende visibilizar ás loitas das mulleres e poñelas en contacto con iniciativas da sociedade civil galega. Unha sorte de intercambio de experiencias e coñecementos, e ver que as loitas son comúns porque hai algo común na depredación dos recursos en todo o planeta (aínda que poñendo tamén o ollo nas diferencias a nivel lexislativo e de protección dos dereitos humanos nuns sitios e outros para unir loitas e que non se quede nun “cada un pelexar polo seu”), todo elo coa perspectiva de xénero.

Máis datos sobre o problema das minas en Honduras neste interesante informe de Oxfam.

A axenda da visita será a seguinte:

Domingo 10 de novembro. Visita a Santiago de Compostela
Luns 11 de novembro. 11h. Encontro con base social de ESF na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Santiago de Compostela para validación de material didáctico sobre minaría
Luns 11 de novembro. Tarde. Encontro público en Santiago de Compostela (hora e lugar por determinar)
Martes 12 de novembro. 15:30. Faladoiro en Escola de Enxeñería de Telecomunicacións da Universidade de Vigo
Mércores 13 de novembro. Mañá. Visita museo do pobo galego
Mércores 13 de novembro. Tarde. Foro sobre Minaría Depredadora na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Santiago de Compostela
Xoves 14 de novembro. Mañá. Visita a instituto de FP en A Coruña
Xoves 14 de novembro. Tarde. Encontro público en Coruña e presentación do documental de Entrepobos “Les llavors de Berta Cáceres” (lugar e hora a determinar)
Venres 15 de novembro. Mañá. Visita A Coruña
Venres 15 de novembro. 13:30. Encontro con base social na Escola de Enxeñería de Camiños, con grabación de podcast
Venres 15 de novembro. 17h. Visita ao Monte Neme con activistas da zona
Venres 15 de novembro. 19h. Encontro con activistas en Carballo (asociación Senda Nova)
Sábado 16 de novembro. Tarde. Visita Mina Touro con activistas da zona. Encontro posterior con activistas no Magosto Contra a Mina en Bama

La entrada Visita de Doris e Lucía, defensoras da terra contra a minaría depredadora aparece primero en ESF Galicia.

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.