Viaxa (e aprende) connosco. PCR 2019 en Honduras

viernes 24 de mayo de 2019

viernes 24 de mayo de 2019

Este ano convocamos unha praza no Programa de Coñecemento da Realidade na súa modalidade de “Redes”. O principal obxectivo de participar directamente no activismo é a oferta de formación específica avanzada a través das actividades que se leven a cabo, xunto con outras persoas e organizacións que conforman a rede. Ademais, a persoa participante contribuirá á rede, establecendo lazos con persoas que desenvolven proxectos e campañas noutras rexións xeográficas. Este ano, se tes entre 18 e 30 anos, podes solicitala.

Información sobre a praza e xeito de solicitala AQUÍ (ignora advertencias de seguridade, se tes dúbidas escrebe a info[arroba]galicia.isf.es) ou aquí. Pódese solicitar até o 5 de xuño de 2019.

O obxectivo desta praza é que a persoa seleccionada participe no Campamento da “Red de Jóvenes en Acción por el Clima 2019”, que terá lugar en San Lorenzo, Honduras. Esta rede internacional conformouse por mozas e mozos de Alemania, Bélxica, Nicaragua, Honduras e España, entre outros, baixo o lema “¿Cales son as túas pegadas neste mundo?”. No traballo da rede inclúense os seguintes temas: cambio climático, auga, agricultura sostible, bosques, consumo responsable, enerxía renovable, migración e xustiza ambiental. A participación nesta rede é posible coa cofinanciación de Cooperación Galega da Xunta de Galicia e a Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo.

As datas serán dende o 15 de xuño ao 15 de decembro 2019. O proceso, se es seleccionada, consistirá na incorporación desde o 15 de Xuño 2019 a ESF para a formación previa, estadía en terreo do 19 de agosto ao 19 de setembro e voluntariado en Galicia de 3 meses trala chegada para facer devolución de todo o vivido e aprendido.

La entrada Viaxa (e aprende) connosco. PCR 2019 en Honduras aparece primero en ESF Galicia.

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.